Aquest treball ens aproxima a la ciència per apropar-nos a la seva manera de veure l'univers i a la filosofia del grup . I, també, és una invitació a aturar-nos i a mirar amunt.
Però mireu el que ens diuen ells mateixos en llengua gallega .
Provem d'entendre-ho ?
Desde que a primeira pinga de intelixencia brillou na humanidade, a nosa especie non deixou de abraiarse da magnífica visión do espazo e, civilización tras civilización, xamais deixou de xerar mitos, lendas, cosmogonías que poetizaban o movemento dos astros e a súa propia existencia. Porén, cada paso que dá a ciencia, cada novo descubrimento, á vez que derruba antigas crenzas inconsistentes, parece que acentúa en vez de minguar esa sede creativa, esa necesidade de transmutar a emoción en novas melodías." Quico Comesaña
Kosmogonías, lévanos ao momento de partida por excelencia, ao Big-Bang, ao triunfo da materia sobre a antimateria, ao berro inicial do universo que coa súa radiación chega ata nós. Kosmogonías é unha reflexión entre a humanidade e o universo, unha chamada chea de optimismo cara a consecución dun sistema de organización máis xusto. Berrogüetto párase e destaca todas aquelas vontades colectivas ou individuais que cos seus xestos e actitudes traballan para mellorar a súa contorna.
Composto por once cancións, Kosmogonías mantén o estilo tan persoal e definido por Berrogüetto desde os seus comezos. Innovadores desde o primeiro traballo, este quinto disco supón unha colección de sons orgánicos, un traballo delicado onde se plasma a alma do grupo a través da súa especial concepción musical.
En Kosmogonías achamos dúas novidades importantes: unha nova voz e un son novo. A incorporación de Xabier Díaz, habitual colaborador da formación, supón a aposta de Berrogüetto por unha voz solista masculina, feito pouco común entre os grupos galegos. Intégrase tamén no grupo a nickelharpa, un instrumento de corda, orixinario do folclore sueco e similar en aspecto a unha zanfona. Este en concreto foi construído de maneira artesanal por Quim Farinha, violinista do grupo e lutier.
É necesario destacar e agradecer tamén as colaboracións dos escritores Rosa Aneiros e Manuel Rivas, quen cedeu un dos seus poemas para a letra de "Alalá da noite".
Si voleu saber-ne més, mireu a la seva pàgina web: BERROGÜETTO
I aquí us posem un vídeo seu d'un altre treball.
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada